Novas e comunicacións
Publicación do calendario de mareas para 2027
07/10/2026Como ven sendo habitual todos os anos, acaba de publicarse na Plataforma Tecnolóxica da Pesca a información relativa ao calendario de mareas para o ano 2027.
Deste xeito dáse cobertura ao interese dos usuarios sectoriais nesta información, básica para o deseño dos plans de explotación anuais.
A información relativa as mareas para o ano 2027 está dispoñible na seguinte ligazón así como a través da rede de terminais TICPESC despregada nos portos de Galicia.