Plans de Percebe: zonas de reserva para semente de mexillón
Plans de xestión de percebe 2022-2024. Zonas de reserva extracción semente de mexillón e zonas explotación exclusiva de percebe
O Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas establece no artigo 13.2 que nos plans de xestión de percebe poderán ser reservadas zonas para a extracción de semente de mexillón.
Esta medida reguladora da actividade marisqueira ten por obxecto a protección e conservación do percebe en zonas concretas do ámbito do plan de xestión, garantindo a compatibilidade da extracción de percebe e semente de mexillón e que ambas actividades se desenvolvan de forma harmoniosa. Isto suporá que dentro do plan de xestión pode haber zonas nas que se poderá extraer percebe e semente de mexillón (zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón), e outras zonas nas que só se poderá extraer percebe (zonas de explotación exclusiva de percebe).
Nas zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón a explotación da mexilla realizarase segundo o establecido na Orde do 26 de outubro de 2000 pola que se regula a extracción de semente de mexillón en bancos naturais.
A Orde do 22 de decembro de 2021, pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024 establece os plans de xestión de percebe que inclúen zonas de reserva para a extracción de semente de mexillón e zonas de explotación exclusiva de percebe, e as coordenadas xeográficas das mesma.
A orde mencionada contempla a publicación das zonas de reserva nesta web.
O resultado total a nivel Galicia é que da lonxitude de costa do Cabo Ortegal e o punta dos Picos dispoñible para mexilla, no 83,86% pódese extraer semente de mexillón, mentres que o 16,14% que serían zonas de explotación exclusiva de percebe.
No plano que se xunta represéntase en cor verde as zonas de zonas de reserva extracción semente de mexillón, en azul as zonas dispoñibles para a mexilla, non sometidas a plan de xestión de percebe ou sometidas a plan pero nas que non se estableceron zonas de zonas explotación exclusiva de percebe e en vermello as zonas explotación exclusiva de percebe:
As entidades titulares dos plans de xestión con zonas reservadas son:
- Provincia da Coruña.
- Provincia de Pontevedra.
Nas medidas de adaptación dos plans de xestión de percebe publicadas no ano 2023 modifícanse as seguintes zonas:
- Provincia da Coruña.
- Provincia de Pontevedra.