Tallas mínimas
Os tamaños mínimos de extracción e comercialización dos organismos mariños constitúen, xunto con outras, unha das medidas técnicas de conservación que permiten asegurar a protección dos recursos biolóxicos mariños e a explotación equilibrada dos recursos pesqueiros en interese tanto dos pescadores como dos consumidores. Este tipo de medidas evita a captura e comercialización de xuvenís e inmaturos e o seu cumprimento asegura a reproducción dos recursos pesqueiros, contribuíndo ademáis ao amortecemento das súas oscilacións de abundancia.
A normativa que regula os tamaños mínimos autorizados para a extracción, captura e comercialización das especies pesqueiras ven regulada en múltiples disposicións tanto de carácter comunitario, como nacional e autónomico. A consellería do Medio Rural e do Mar, coa recente publicación da Orde do 27 de xullo de 2012, pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 226 do 27 de novembro de 2012), ven a procurar a harmonización das diferentes disposicións normativas existentes, ademais de modificar o tamaño mínimo de determinadas especies consonte a información derivada dos recentes estudos realizados e á evolución dos mercados.
Neste senso, ao abeiro do artigo 46 do Regulamento (CE) 850/1998 para a conservación dos recursos pesqueiros a través de medidas técnicas de protección dos xuvenís de organismos mariños, despois de analizar a información resultante do seguimento das poboacións e da explotación da ameixa babosa, e sempre que así se recolla nos plans de xestión aprobados pola Administración pesqueira galega, permítese que en determinadas zonas das augas interiores e continentais de Galicia, o tamaño mínimo desta especie sexa inferior ao establecido na normativa comunitaria (disposición adicional única da Orde do 27 de xullo de 2012).
Por este motivo, ao obxecto de difundir entre todos os axentes implicados: produtores, comercializadores e consumidores, procede presentar nesta web os tamaños mínimos autorizados para a extracción, a captura e a comercialización de diversos produtos pesqueiros en Galicia, así como o xeito da súa medición.
- Orde do 27 de Xullo do 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia (Corrección de erros de 21 de decembro do 2012).
- Anexo I: Tamaños mínimos autorizados.
- Peixes (ANEXO I-A)
Peixes: tamaños mínimos autorizados Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Abadexo Pollachius pollachius 30 cm POL Acedía Dicologlossa cuneata 15 cm CET Agulla Belone belone 25 cm GAR Alcrique Scomberesox saurus 18 cm SAU Anguía Anguilla anguilla 20 cm 1 ELE Barbadas Gaidropsarus spp 20 cm ROL Bertorellas Phycis spp 25 cm FOX Boga Boops boops 11 cm BOG Bolos Ammodytes spp 15 cm SAN Bolo verde Hyperoplus lancelolatus 15 cm YEZ Breca Pagellus erythrinus 25 cm PAC Cabra de altura Helicolenus dactylopterus 20 cm BRF Castañeta Brama brama 16 cm POA Cherna Polyprion americanus 50 cm WRF Congro Conger conger 58 cm COE Curuxo Scophthalmus rhombus 30 cm BLL Choupa Spondyliosoma cantharus 23 cm BRB Doncela Coris julis 14 cm COU Dourada Sparus aurata 19 cm SBG Escachos Trigla spp 20 cm GUY Escarapotes Scorpaena spp 18 cm SCS Faneca Trisopterus luscus 15 cm BIB Fodón Trisopterus minutus 15 cm POD Linguados Solea spp 24 cm SOO Lirio Micromesistius poutassou 18 cm WHB Madrela Ciliata mustela 20 cm LCM Maragota ou pinto Labrus bergylta 20 cm USB Maruca Molva molva 63 cm LIN Melga Squalus acanthias 85 cm DGS Melgacho Scyliorhinus canicula 40 cm SYC Merlán Merlangius merlangus 27 cm WHG Mero Epinephelus marginatus 50 cm GPD Muxos Chelon labrosus, Mugil spp 20 cm MLR,MGS Pancho bicudo Pagellus acarne 25 cm SBA Peixe pau Molva dypterygia 70 cm BLI Pescada Merluccius merluccius 27 cm HKE Piarda común Atherina presbyter 10 cm ATP Pión de altura Argentina sphyraena 12 cm ARY Prago Pagrus pagrus 15 cm RPG Rapantes Lepidorhombus spp 20 cm LEZ Rei Labrus mixtus 15 cm USI Robaliza Dicentrarchus labrax 36 cm BSS Roxa Scyliorhynus stellaris 55 cm SYT Rodaballo Psetta maxima 30 cm TUR Saboga Sarpa salpa 15 cm SLM Salmonetes Mullus spp 15 cm MUX Sanmartiño Zeus faber 25 cm JOD Sardiña Sardina pilchardus 11 cm PIL Sargos Diplodus spp 22 cm SRG Serrán cabra Serranus cabrilla 15 cm CBR Serrán común, vello Symphodus spp 14 cm WRA Solla Platichthys flesus 25 cm FLE Solla de altura Pleuronectes platessa 27 cm PLE Trancho Sprattus sprattus 11 cm SPR Xardas Scomber spp 20 cm MAZ 1O tamaño mínimo da anguía (Anguilla anguilla) será de 20 cm (Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e os ecosistemas acuáticos continentais).
- Moluscos (ANEXO I-B)
- Moluscos bivalvos
Moluscos bivalvos: tamaños mínimos autorizados Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Ameixa babosa Venerupis pullastra 38 ou 35 mm 1 CTS Ameixa bicuda Venerupis aurea 25 mm VNA Ameixa fina Ruditapes decussatus 40 mm CTG Ameixa rubia Venerupis rhomboides 40 mm VNR Ameixa xaponesa Ruditapes philippinarum 35 mm 2 CLJ Ameixón Callista chione 60mm KLK Arola Lutraria lutraria 50 mm UTL Berberecho Cerastoderma edule 25 mm COC Berberecho bravo Acanthocardia echinata 60 mm AKJ Cadelucha Donax spp 35 mm DOM Carneiro Venus verrucosa 40 mm VEV Chirla Chamelea gallina 25 mm SVE Cornicha Spisula solida 25 mm ULO Longueirón Ensis siliqua 100 mm EQI Longueirón vello Solen marginatus 80 mm RAE Marolo Acanthocardia tuberculata 60 mm KTT Navalla Ensis arcuatus 100 mm EQK Ostra Ostrea edulis 60 mm OYF Ostra rizada Crassostrea gigas 60 mm OYG Rabioso Glycymeris glycymeris 40 mm GKL Reló Dosinia exoleta 30 mm DSX Saltón Laevicardium crassum 60 mm LVC Vieira Pecten maximus 100 mm SCE Volandeira Aequipecten opercularis 40 mm QSC Zamburiña Chlamys varia 40 mm VSC 1Excepcionalmente e sempre que así se recolla nos plans de xestión aprobados pola administración pesqueira, poderase capturar ameixa babosa (Venerupis pullastra) cun tamaño mínimo de 35 mm nos bancos marisqueiros incluídos no anexo III desta orde (disposición adicional única desta orde).
2O tamaño mínimo da ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) será de 35 mm. (Regulamento (CE) nº 43/2009 prorrogado polo Regulamento (CE) nº 1288/2009 e polo Regulamento (UE) nº 579/2011).
- Moluscos cefalópodos
Moluscos cefalópodos: tamaños mínimos autorizados Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Lura (calamar) Loligo vulgaris 10 cm SQR Choco (choco) Sepia officinalis 8 cm CTC Choquiño Sepia elegans 4 cm EJE Polbo Octopus vulgaris 1.000 gramos OCC Puntillas Alloteuthis spp 6 cm OUW - Moluscos gasterópodos
Moluscos gasterópodos: tamaños mínimos autorizados Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Caramuxos Littorina littorea, Monodonta lineata 1,5 cm PEE Lapas Patella spp 2 cm LPZ Peneira Haliotis tuberculata 5 cm HLT
- Moluscos bivalvos
- Crustáceos (ANEXO I-C)
Crustáceos: tamaños mínimos autorizados Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Boi Cancer pagurus 13 cm (largura do cefalotórax) CRE Camarón común Palaemon serratus 5 cm (lonxitude total) CPR Cangrexo real Chaceon affinis 10 cm (lonxitude do cefalotórax) KEF Centola Maja brachydactila 12 cm (lonxitude do cefalotórax) JCX Cigala Nephrops norvegicus 2 cm (lonxitude do cefalotórax)
7 cm (lonxitude total)
3,7 cm (colas das cigalas)NEP Conguito Liocarcinus corrugatus 3,5 cm (lonxitude do cefalotórax) ICC Lagosta Palinurus elephas 9,5 cm (lonxitude do cefalotórax) SLO Lumbrigante Homarus gammarus 8,7 cm (lonxitude do cefalotórax) LBE Nécora Necora puber 5,5 cm (lonxidude do cefalotórax) LIO Percebe Pollicipes pollicipes 1,5 cm (diámetro maior da base do capítulo) PCB Santiaguiño Scyllarus arctus 9 cm (lonxitude total) SCY - Equinodermos (ANEXO
I-D)
Equinodermos: tamaños mínimos autorizados Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Ourizo Paracentrotus lividus 5,5 cm URM Ourizo comestible Echinus esculentus 6 cm URS - Cadro recordatorio da
normativa comunitaria aplicable a determinadas especies de
peixes (ANEXO I-E)
Recordatorio da normativa comunitaria aplicable a determinadas especies de peixes Nome comercial Nome científico Tamaño mínimo Fao Atún vermello Thunnus thynnus thynnus 115 cm ou 30 kg 1 BFT Bocarte Engraulis encrasicolus 10 cm/12 cm 2 ANE Bonito do norte Thunnus alalunga 1,5 kg 3 ALB Ollomol Pagellus bogaraveo 35 cm 4 SBR Peixe espada Xiphias gladius 125 cm ou 25 kg 5 SWO Peixes sapos Lophius spp 30 cm 6 MNZ Raias Raja spp 40 cm 7 SKA Xurelos Trachurus spp 15 cm 8 JAX 1A flota de cebo vivo ou de curricán no Atlántico oriental poderá capturar atún vermello de peso comprendido entre 8 e 30 kg de peso mínimo, na cota que se determine polo Consello de Ministros da Unión Europea. (Regulamento (UE) nº 302/2009).
2O tamaño mínimo do bocarte (Engraulis encrasicolus) será de 10 cm na zona IX CIEM Fisterra sur e 12 cm na zona VIII CIEM Fisterra norte. (Regulamento (CE) nº 850/1998).
3O tamaño mínimo do bonito do norte (Thunnus alalunga) será de 1,5 kg. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).
4O tamaño mínimo do ollomol (Pagellus bogaraveo) será de 35 cm, coa excepción de que un máximo do 15 % do peixe capturado pode ter 30 cm. (Regulamento (UE) nº 1225/2010).
5O tamaño mínimo do peixe espada (Xiphias gladius) será de 125 cm ou 25 kg. (Regulamento (CE) nº 520/2007). Toleraranse as capturas accidentais de peixe espada do Atlántico de tamaño inferior ao establecido sempre e cando ditas capturas accidentais non superen o 15%, expresado en número de individuos por desembarque, das capturas totais de peixe espada do buque considerado. (Regulamento (CE) nº 43/2009).
6O tamaño mínimo dos peixes sapos (Lophius spp) será de 30 cm. No caso de que se presente enteiro e eviscerado o peso unitario será de 500 gramos ou de 200 gramos, se se presenta sen cabeza. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).
7O tamaño mínimo das raias (Raja spp) no caso de que se presente enteira será de 40 cm ou de 500 gramos cando só se presentan as ás. (Regulamento (CE) nº 2406/1996).
8O tamaño mínimo dos xurelos (Trachurus spp) será de 15 cm, con excepción do 5% da cota asignada a España que poderá ter un tamaño entre 12 e 14,99 cm. Para os efectos de control desta cantidade, aplicarase o coeficiente 1,2 ao peso dos desembarques. (Regulamento (UE) nº 57/2011).
- Peixes (ANEXO I-A)
- Anexo II: Xeito de medida.
- Anexo III: Bancos marisqueiros nos que se poderá aplicar
a disposición adicional única.
- Bancos marisqueiros
situados nas augas continentais.
Zonas de desembocadura no mar comprendidas entre o límite superior das augas salobres e o límite inferior que ven determinado polas liñas que a continuación se relacionan, de conformidade co establecido no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:
- Río Eo: a ponte dos Santos.
- Río Masma: liña recta imaxinaria que une punta Prados coa punta da escollera de Foz.
- Río Ouro: a ponte do ferrocarril Ferrol-Xixón.
- Río Landro: liña recta imaxinaria que une a punta do muelle de Celeiro co illote A Insua.
- Rio Sor: liña recta imaxinaria que une punta do Castro con punta do Santo.
- Río Mera e Baleo: liña recta imaxinaria que une punta Ladrido con punta Descada ou Sartán.
- Ríos Cedeira, Esteiro e Loira: liña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira.
- Ríos Xubia e Belelle: a ponte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume.
- Río Eume: liña recta imaxinaria que une punta Madalena con punta Sentroña.
- Ríos Mandeo, Lambre e Baxoi: liñas rectas imaxinarias que unen punta Bañobre con punta dos Curbeiros de Miño, e esta última con punta Mauruxo.
- Río Mero: liña recta imaxinaria que une punta Fiaiteira co varadoiro de Oza.
- Río Anllóns: liña recta imaxinaria que une punta Balarés con punta Padrón.
- Río Grande: liña recta imaxinaria que une punta Sandia con punta Roda.
- Ríos Tambre, Tines y Sóñora: liña recta imaxinaria que une punta Requeixo con punta Testal.
- Río Ulla: liña recta imaxinaria que une punta Seveira con punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril.
- Río Umia: liña recta imaxinaria que une punta San Sadurniño con punta Borrelo.
- Río Lérez: liñas rectas imaxinarias que unen punta Campelo co extremo distal da escollera da canle do río, e este último con punta Placeres.
- Río Verdugo: liña recta imaxinaria que une punta Ulló con punta Muxeira.
- Bancos marisqueiros
situados nas aguas marítimas.
- Na ría de Vigo: na enseada de San Simón: zona comprendida por dentro da liña recta imaxinaria que une punta as marxes norte e sur da ponte de Rande.
- Na ría de Arousa: na enseada do Grove:
- Zona comprendida por dentro da liña imaxinaria que une punta Peralto con punta Mourisca.
- Zona comprendida por dentro da liña imaxinaria que une punta Cabreirón co Con Toxa pequena e co sur de punta Correlo.
- Na ría de Ferrol: no banco das Pías: zona comprendida entre a liña recta imaxinaria que une as marxes leste e oeste da ponte do ferrocarril e a liña recta imaxinaria que une punta das Pías coa punta do Montón.
- Bancos marisqueiros
situados nas augas continentais.
- Anexo IV: Mapas (bancos marisqueiros situados nas augas marítimas nos que se poderá aplicar a disposición adicional única).