MOVTIC APP. Aplicación móvil para la gestión electrónica de documentos del sector pesquero y acuícola.

Que é MOVTIC?

MOVTIC é a aplicación móbil da Plataforma Tecnolóxica da Pesca da Xunta de Galicia que permite a profesionais do sector pesqueiro e acuícola realizar, desde calquera lugar e en calquera momento, a xestión electrónica dos documentos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade.

A través da aplicación é posible emitir, consultar e, cando a normativa o permite, anular diferentes documentos administrativos, facilitando o cumprimento das obrigacións de declaración, transporte e rastrexabilidade dos produtos pesqueiros.

A aplicación está dispoñible para dispositivos Android e iOS e utiliza o sistema de identificación Chave365 para acceder ás funcionalidades dispoñibles para cada usuario.

Acceso á aplicación (Chave365)

Para utilizar MOVTIC é necesario identificarse mediante Chave365, o sistema de identificación e sinatura electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez autenticada, cada persoa usuaria accederá unicamente ás funcionalidades e documentos correspondentes ao seu perfil e ás autorizacións rexistradas no sistema.

Desde a seguinte ligazóns poderá acceder ao servizo ou consultar como darse de alta.

Acceder a Chave365: https://sede.xunta.gal/chave365

Que permite facer MOVTIC?

MOVTIC permite realizar desde o dispositivo móbil as principais xestións relacionadas coa actividade pesqueira, facilitando o cumprimento das obrigacións administrativas de forma rápida e sinxela. Dependendo do perfil de acceso, a aplicación ofrece as seguintes funcionalidades:

Expedir

Crear novas declaracións e documentos directamente desde a aplicación.

Anular

Anular documentos cando se cumpran as condicións establecidas pola normativa aplicable.

Consultar

Localizar documentos mediante filtros, consultar o seu contido e descargar unha copia en PDF.

Rexistrar

Rexistrar actuacións posteriores asociadas aos documentos (fin de traslado, peches, perdas, etc.)

Consultar información

Acceder a información de apoio dispoñible na aplicación, como mareas, meteoroloxía e outros servizos.

Quen pode utilizar MOVTIC?

As funcionalidades dispoñibles en MOVTIC dependen do perfil co que acceda a persoa usuaria e das autorizacións rexistradas no sistema. A seguinte táboa resume os documentos dispoñibles para cada perfil.

Documento / Funcionalidade Embarcacións Marisqueo a pé Marisqueo a pé con embarcación auxiliar Acuicultura
Alternancia
Captación de mexilla
Captación de mexilla para mariscadores
Envío a punto de control
Orixe
Pesca turismo
Rexistro
Transporte
Traslado
Zona de traballo para marisqueo a pé
Zona de traballo para marisqueo a pé con embarcación auxiliar
Documentos dispoñibles

Alternancia

O documento de alternancia permite declarar a arte ou modalidade de pesca que utilizará unha embarcación durante a xornada, de acordo coa normativa sobre alternancia de artes. A aplicación MOVTIC permite xestionar todo o ciclo do documento, desde a súa expedición ata a súa consulta ou, cando cumpra, a súa anulación.

Dispoñible para:

Embarcacións

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:

Captación de mexilla

Permite rexistrar a declaración de captación de mexilla, documentando a actividade realizada de acordo coa normativa aplicable e garantindo a súa trazabilidade e control administrativo a través da aplicación MOVTIC.

Dispoñible para:

Acuicultura

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf.
Próximamente

Captación de mexilla para mariscadores

Este documento debe ser elaborado polos mariscadores a pé que realizan a recolleita da mexilla amparados polos acordos da súa confraría con asociacións ou produtores de acuicultura. A aplicación permite o ciclo completo da actividade.

Dispoñible para:

Marisqueo a pé

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf.
Próximamente

Envío a punto de control

O documento de envío a puntos de control permite declarar o transporte terrestre das capturas desde a zona de recolección ata o punto de control establecido en determinados plans de explotación, principalmente de percebe. A aplicación MOVTIC permite xestionar todo o ciclo do documento, desde a súa expedición ata a consulta ou, cando cumpra, a súa anulación.

Dispoñible para:

EmbarcaciónsMarisqueo a pé

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:

Orixe

O documento de orixe da soporte ao traslado de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos desde a zona de produción ata o lugar de concentración e clasificación. No ámbito da acuicultura dito lugar é un porto no caso dos viveiros ou o propio establecemento no caso dos parques de cultivo. Na aplicación MOVTIC dáse soporte ás xestións con este documento.

Dispoñible para:

Acuicultura

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf.
Próximamente

Pesca turismo

O documento de pesca turismo permite declarar as actividades de pesca turismo realizadas por embarcacións autorizadas para esta modalidade. A través deste documento rexístrase a data da actividade, o número de turistas participantes e os ingresos obtidos, permitindo dispoñer dun rexistro das actividades desenvolvidas. A aplicación MOVTIC permite xestionar a expedición e consulta destes documentos.

Dispoñible para:

Embarcacións

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:

Rexistro

O documento de rexistro ampara o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos desde a zona de produción ata o establecemento de destino. A aplicación MOVTIC permite xestionar o ciclo completo do documento.

Dispoñible para:

Acuicultura

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf.
Próximamente

Transporte

O documento de transporte permite declarar o transporte por vía terrestre de produtos pesqueiros frescos desde o porto de desembarque ata o punto de primeira venda, cando este se atopa nun porto diferente ao de descarga. A aplicación MOVTIC permite xestionar o ciclo completo do documento, desde a súa expedición ata a súa consulta ou, en caso necesario, a súa anulación.

Dispoñible para:

EmbarcaciónsMarisqueo a pé

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:

Traslado

O documento de traslado, permite declarar o traslado de produto vivo a un punto de fondeo para o seu mantemento temporal antes da súa comercialización. A aplicación MOVTIC permite xestionar o ciclo completo do documento, desde a súa expedición ata o rexistro da retirada do produto do punto de fondeo.

Dispoñible para:

Embarcacións

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:

Zona de traballo para marisqueo a pé

O documento de zona de traballo de marisqueo a pé permite declarar a zona na que o mariscador desenvolverá a súa actividade durante unha xornada. Esta funcionalidade está dispoñible exclusivamente para os mariscadores a pé das confrarías da ría de Ferrol, permitindo rexistrar a zona autorizada de traballo e xestionar posteriormente a súa consulta ou, se procede, a súa anulación. A aplicación MOVTIC permite xestionar o ciclo completo do documento.

Dispoñible para:

Marisqueo a pé

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:

Zona de traballo para marisqueo a pé con embarcación auxiliar

O documento de zona de traballo de marisqueo a pé con embarcación auxiliar permite declarar a zona na que o mariscador desenvolverá a súa actividade durante unha xornada utilizando unha embarcación auxiliar. Esta funcionalidade está dispoñible exclusivamente para os mariscadores a pé con embarcación auxiliar das confrarías de Ferrol e Barallobre, permitindo rexistrar a zona autorizada de traballo e xestionar posteriormente a súa consulta ou, se procede, a súa anulación. A aplicación MOVTIC permite xestionar o ciclo completo do documento.

Dispoñible para:

Marisqueo a pé con embarcación auxiliar

Descarga de guías e manuais de axuda en pdf:

Galego:
Castelán:
Descargar a aplicación MOVTIC?

A aplicación está dispoñible a través de Internet e nas distintas tendas de aplicacións. En particular pódese acceder á aplicación a través das seguintes canles. Desde un dispositivo Android instalando a aplicación MOVTIC desde a Play Store. Desde un dispositivo iOS instalando a aplicación MOVTIC desde a App Store.