Novas e comunicacións

Publicación dos Anuarios de acuicultura mariña e continental 2025

30/04/2026

Nesta publicación difúndense os datos da produción da acuicultura mariña en cantidade e valor, para os diferentes grupos biolóxicos cultivados (algas, bivalvos e peixes). Inclúese o detalle das diferentes especies e a súa comparativa respecto do 2024, así como a evolución dos últimos anos.

Pola súa banda, para a acuicultura continental difúndense os datos da produción en cantidade e valor segundo distintos puntos de vista da información: grupos biolóxicos e especies, lugares de destino, destino da producción e desagregación mensual da mesma.

Ademais de cara a favorecer o análise da información presentada incluese na publicación o detalle das producións do últimos anos.

A recompilación e o procesado dos datos contidos nesta publicación realízase no ámbito da Plataforma Tecnolóxica da Pesca a partir da información proporcionada polos propios establecementos de acuicultura da Comunidade Autónoma: viveiros (tipo bateas, gaiolas e liñas de cultivo), parques de cultivo e granxas mariñas. Estes establecementos de cultivo transmiten as súas estatísticas de produción mensual de acordo co formato establecido na Orde do 9 de abril de 2008, pola que se establece o sistema de transmisión dos datos mensuais de produción de acuicultura.

Como en calquera publicación destas características, faise imprescindible a realización dun traballo posterior de revisión e validación das transmisións que implica unha fluída comunicación cos establecementos autorizados para a realización da primeira venda que permite a súa consolidación definitiva. Logo de realizar este traballo procedese á publicación anual de resultados que permite ofrecer un resumo da situación da produción das diferentes especies cultivadas en Galicia.

A información ofrecida nos anuarios de acuicultura mariña e continental aparece recollida no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026.

A publicación da acuicultura mariña atópase accesible nesta ligazón e pola súa banda a publicación da acuicultura continental atópase na seguinte ligazón.