Novas e comunicacións

Publicación da enquisa Ocupesca 2023

26/05/2025

A enquisa sobre a poboación ocupada nos sectores da pesca e da acuicultura mariña en Galicia (Ocupesca) é unha operación estatística incluída no Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025. Ten como obxectivo coñecer a ocupación nas unidades de pesca con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia, coñecer a ocupación nas unidades de acuicultura radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e avaliar a produción e as características económicas das unidades de produción da pesca extractiva e da acuicultura.

Nesta edición da enquisa danse a coñecer os resultados referidos á poboación ocupada nos buques con porto base en Galicia e nos establecementos acuícolas galegos durante o ano 2023, incidindo na súa distribución por sexos, idades, nacionalidade... Publícanse tamén os datos da facturación económica durante o mesmo ano 2023 das empresas que posúen establecementos acuícolas ou buques con porto base en Galicia.

O contido está dispoñible na seguinte dirección Ocupesca 2023.