Sargo común

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: SWA

Nome científico: Diplodus sargus

Nome comercial: Sargo

Nome galego: Sargo común

Grupo biolóxico: Peixes

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

SWA

Diplodus sargus

Descrición

Diplodus sargus (Linné, 1758). O sargo é un peixe de corpo ovalado, comprimido polos lados e unha boca pequena. A súa cor é gris prateada, con liñas estreitas verticais. No rabo loce unha gran mancha negra. Pode chegar a medir ata 45 centímetros, aínda que o normal son os 20 ou 25. Acada a madurez sexual ao chegar aos dous anos (17 centímetros) e a súa reprodución vai dos meses de xaneiro a marzo.

Modo de pesca

Vive en fondos de pedra, entre 2 e 50 metros. Os máis novos viven en fondos de area a menor profundidade. Ten unha notable aceptación no noso mercado, o que provoca frecuentes capturas: ao trasmallo, palangre e miño. Por veces, nos portos de cerco hai abundancia cando algunha embarcación bate cun banco deles.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Sargo común en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Sargo común en Galicia no 2023