Linguado
Datos Básicos
Código Fao: SOL
Nome científico: Solea solea
Nome comercial: Lenguado europeo
Nome galego: Linguado
Grupo biolóxico: Peixes
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Si
- 1 : 0,5 e máis (kg/ud)
- 2 : de 0,35 a 0,5 (kg/ud)
- 3 : de 0,25 a 0,35 (kg/ud)
- 4 : de 0,20 a 0,25 (kg/ud)
- 5 : de 0,12 a 0,2 (kg/ud)
Frescura: Si
SOL
Solea solea
Descrición
Solea solea (Linnaeus, 1758). Peixe plano, de corpo asimétrico, boca e ollos pequenos e cabeza redondeada. No lado dos ollos a súa cor é apardazada ou marrón agrisada, con grandes manchas irregulares escuras. Tanto a aleta dorsal como a anal están case unidas ao rabo por unha membrana. A liña lateral do linguado é recta e percorre os dous lados do corpo. Pode chegar a medir ata 50 centímetros. Reprodúcese nos meses de inverno e aliméntase pola noite.
Modo de pesca
Este peixe vive en fondos de area e lama, desde a costa ata 200 metros. Atópase con frecuencia en esteiros. Captúrase con trasmallo, arrastre e tamén con rascos e miños durante todo o ano.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Linguado en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Linguado en Galicia no 2023