Sardiña
Datos Básicos
Código Fao: PIL
Nome científico: Sardina pilchardus
Nome comercial: Sardina
Nome galego: Sardiña
Grupo biolóxico: Peixes
Talla mínima: 11 cm
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Si
- 1 : 15 ou menos ud/kg (0,067 e máis kg/ud)
- 2 : de 16 a 24 ud/kg (de 0,042 a 0,067 kg/ud)
- 3 : de 25 a 35 ud/kg (de 0,028 a 0,042 kg/ud)
- 4 : de 36 a 67 ud/kg (de 0,015 a 0,028 kg/ud)
Frescura: Si
PIL
Sardina pilchardus
Descrición
Sardina pilchardus (Walbaum, 1792). Peixe de cor azulada, esvelta, con reflexos verdosos e prateados no ventre.Vive en augas superficiais, onde forma grandes mansíos que se aproximan á costa a finais da primavera e do verán. Poden chegar a medir ata 25 centímetros de lonxitude. A madurez sexual acádaa ao final do primeiro ano de vida (13 cm).
Modo de pesca
A época de desove da sardiña prodúcese na primavera e no verán. Habita en zonas costeiras, entre os 5 e os 50 metros de profundidade, aínda que no inverno se localiza en zonas máis profundas. As capturas abastecen os mercados de fresco e as industrias conserveiras e realízanse princpalmente con cerco durante a noite. Tamén se pesca coa arte do xeito, regulada por plans de xestión específicos para esta especie e arte.Captúrase normalmente entre marzo e setembro.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Sardiña en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Sardiña en Galicia no 2023