Percebe
Datos Básicos
Código Fao: PCB
Nome científico: Pollicipes pollicipes
Nome comercial: Percebe
Nome galego: Percebe
Grupo biolóxico: Crustáceos
Talla mínima: 1,5 cm (diámetro maior da base do capítulo)
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Non
Frescura: Non
PCB
Pollicipes pollicipes
Descrición
Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790). Aínda que viva pegado ás rochas, é un crustáceo, non un molusco. A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro que o que vén de Marrocos e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas que o canadense.
Modo de pesca
A súa captura está regulada mediante plans de xestión de recursos específicos para esta especie aprobados anualmente. Pode collerse a pé ou dende embarcación. Para separalo das rochas utilízase unha rasqueta ou raspa. Dispoñible todo o ano.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Percebe en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Percebe en Galicia no 2023
Lonxa | Kg | % | Euros | % | Prezo |
---|---|---|---|---|---|
A Coruña (Lonja Coruña, S.A.) | 78.946 | 34,24 | 2.799.163 | 32,13 | 35,46 |
Cedeira | 50.456 | 21,88 | 1.612.163 | 18,51 | 31,95 |
Baiona | 24.075 | 10,44 | 1.148.361 | 13,18 | 47,70 |
Aguiño | 21.468 | 9,31 | 1.077.784 | 12,37 | 50,20 |
A Guarda | 13.577 | 5,89 | 475.436 | 5,46 | 35,02 |
Cangas | 13.299 | 5,77 | 698.659 | 8,02 | 52,53 |
Ferrol | 5.207 | 2,26 | 98.754 | 1,13 | 18,96 |
Malpica | 3.849 | 1,67 | 121.644 | 1,40 | 31,61 |
Burela | 3.654 | 1,58 | 118.817 | 1,36 | 32,52 |
O Grove | 3.277 | 1,42 | 146.185 | 1,68 | 44,61 |