Centola ou centolo

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: JDV

Nome científico: Maja brachydactyla

Nome comercial: Centolla o centollo

Nome galego: Centola ou centolo

Grupo biolóxico: Crustáceos

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Non

Frescura: Non

Especie

JDV

Maja brachydactyla

Descrición

Maja squinado (Herst, 1788). O cacho da centola é triangular por diante e case redondo pola zona de atrás. Está cuberta dunha especie de espiñas. No bordo dianteiro presenta dous pinchos máis fortes. Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella parda e debemos recordar que a centola galega é máis escura que a bretoa. Ademais, unha característica da centola das rías é que o seu cacho está cuberto por pequenas algas e arneiróns.

Modo de pesca

Vive na costa en fondos rochosos ou areosos. A súa extracción regúlase a través de plans de explotación anuais, nos que tamén se establecen os períodos de veda, normalmente entre xuño e decembro. Captúrase principalmente con miños. Tamén pode ser capturado con outras artes de enmalle fixas como trasmallos e raeiras ou con nasas. A súa veda establécese nos plans de explotación anuais, normalmente é de xuño a decembro.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Centola ou centolo en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Centola ou centolo en Galicia no 2023