Xurelo
Datos Básicos
Código Fao: HOM
Nome científico: Trachurus trachurus
Nome comercial: Jurel
Nome galego: Xurelo
Grupo biolóxico: Peixes
Normas comúns de comercialización
Tamaño: Si
- 1 : 0,6 e máis (kg/ud)
- 2 : de 0,4 a 0,6 (kg/ud)
- 3 : de 0,2 a 0,4 (kg/ud)
- 4 : de 0,08 a 0,2 (kg/ud)
- 5 : de 0,02 a 0,08 (kg/ud)
Frescura: Si
HOM
Trachurus trachurus
Descrición
Trachurus trachurus (Linné, 1758). Son peixes de corpo alongado, fociño afiado e boca grande –coma os ollos– e inclinada. Ten pálpebras transparentes, escamas pequenas e, como característica máis distintiva, a súa liña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" estendido. A cor dos xurelos varía entre gris, verdosa e azulada no dorso con reflexos metálicos, e os costados son grises prateados e o ventre branco. Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Acadan a madurez sexual ao segundo ano de vida (22 cm) e reprodúcense nos meses de verán.
Modo de pesca
Viven en fondos de area entre 100 e 200 metros de profundidade, achegándose á superficie durante a noite. Forman grandes bancos. Os maiores captúranse ao arrastre e os pequenos ao cerco. Tamén se usan artes de enmalle e, máis marxinalmente, a liña. É unha das capturas típicas do cerco, principalmente durante o verán.
Principais magnitudes
Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Xurelo en Galicia
Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Xurelo en Galicia no 2023