Boga

Logo detalle da especie

Datos Básicos

Código Fao: BOG

Nome científico: Boops boops

Nome comercial: Boga

Nome galego: Boga

Grupo biolóxico: Peixes

Talla mínima: 11 cm

Normas comúns de comercialización

Tamaño: Si

  • 1 : 5 ou menos ud/kg
  • 2 : de 6 a 31 ud/kg
  • 3 : de 32 a 70 ud/kg

Frescura: Si

  • Extra
  • A
  • B
Especie

BOG

Boops boops

Descrición

Boops boops (Linné, 1758). Ten unha cor gris prateada e leva catro ou cinco liñas verticais estreitas, así como unha mancha negra na base da aleta do peito. É unha especie hermafrodita que acada a súa madurez sexual ao redor dos 13 centímetros. O seu tamaño medio oscila entre os 15 e os 20 centímetros.

Modo de pesca

Forma grandes cardumes desde a superficie ata os 200 metros de profundidade. É un peixe comedor de algas. Péscase habitualmente ao trasmallo, tamén ao cerco e, ocasionalmente, con betas. Dispoñible todo o ano.

Principais magnitudes

Evolución da primeira venda de pesca fresca da especie Boga en Galicia

Principais lonxas con vendas de pesca fresca de Boga en Galicia no 2023