Aviso legal interno

Ao descargar e usar a aplicación móbil Análise pesqueiro e acuícola manifestas que liches e aceptas a Política de privacidade.


1. Responsable do tratamento dos datos das persoas usuarias de MOVTIC e encargado do tratamento.

O responsable do tratamento:

Consellería do Mar.

Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.15781 Santiago de Compostela. CIF: S1511001H.

Encargado do tratamento: Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o desenvolvemento, mantemento, aloxamento e xestión do sistema e da aplicación a través da que se dará acceso ás persoas usuarias.

Contacto delegado de Protección de Datos: https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos


2. Categorías de datos obxecto de tratamento

Para facilitar as distintas funcionalidades da Aplicación, trataranse datos identificativos extraídos do sistema de identificación do Directorio Activo da Xunta de Galicia, sistema de control de acceso empregado na aplicación.

Os datos persoais que se utilizarán no caso de que o usuario decida empregar a aplicación serán os seguintes:

  • Nome e apelidos, para confirmar a identidade.
  • Nome de usuario no directorio activo da Xunta de Galicia para xestionar o acceso a aplicación
  • Preferencias de idioma, para poder utilizar a aplicación no idioma preferido.

Más información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades


3. Orixe dos datos

  • Datos solicitados de entre os que a Administración autonómica xa posúe, especialmente da Plataforma Tecnolóxica da Pesca.
  • Datos obtidos do dispositivo móbil.

4. Finalidades do tratamento de datos e funcionalidades da Aplicación

Os datos utilizados pola aplicación serven para controlar o acceso a mesma de tal xeito se permite dar acceso a consulta de información sobre os rexistros administrativos existentes na Xunta de Galicia no ámbito da Consellería do Mar, así como aos documentos telemáticos definidos co obxecto de rexistrar e controlar a actividade no ámbito pesqueiro e acuícola.

En canto as funcionalidades ofertas na aplicación son as seguintes:

a) Consulta de información dos rexistros administrativos dispoñibles no ámbito da Consellería do Mar. En particular:

  • Rexistro de Buques de Galicia.
  • Censo da frota pesqueira operativa.
  • Permisos de marisqueo a pe.
  • Permisos de marisqueo a pe con embarcación auxiliar.
  • Licenzas de actividade TIRM.
  • Autorización de primeira venda de acuicultura.

b) Consulta de documentos telemáticos relacionados coa actividade sectorial xestionada na Consellería do Mar e relacionados coa xestión da actividad e a súa trazabilidade. En particular:

  • Documento de alternancia de artes.
  • Declaración de zona de traballo.
  • Documento de transporte.
  • Declaración de recollida.
  • Documento de orixe.
  • Documento de rexistro.

c) Consulta da información de mareas en distintos portos e datas

d) Consulta da predición meteorolóxica en distintas zonas do litoral de Galicia.


5. Lexitimación para o tratamento de datos persoais

Trataranse os datos necesarios para o bo funcionamento da aplicación e a operatividade das súas funcionalidades. O uso da aplicación e o emprego de cada unha das súas diferentes funcionalidades basearase na voluntariedade dos usuarios autorizados pola administración autonómica galega, de forma que a persoa usuaria poderá activar e desactivar de forma específica o uso do sistema, así como decidir desinstalar a aplicación. Todo iso, sen que se derive consecuencia negativa algunha para quen non poida ou decida non descargar ou non usar a aplicación.


6. Prazo de conservación dos datos

A aplicación é un sistema de acceso aos datos rexistrados noutras ferrramentas. Salvo os datos de usuario asociados ao control de acceso, a aplicación non almacena datos de actividade sectorial obtidos a través da mesma, pues o seu uso e consultivo.


7. Categorías de destinatarios dos datos persoais

O responsable do tratamento, Consellería do Mar permitirá o acceso aos datos persoais á Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia ( Amtega) na súa condición de encargado do tratamento. Adoptaranse en todo caso as medidas necesarias para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos e a protección dos dereitos das persoas interesadas, así como a subscrición dos compromisos de confidencialidade correspondentes.


8. Dereitos das persoas interesadas respecto dos seus datos persoais e como solicitalos

O responsable do tratamento garantirá e facilitará en todo momento á cidadanía o exercicio dos seus dereitos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
  • Dereito á portabilidad dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no interesado ou lle afecte significativamente de modo similar.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

As persoas interesadas poderán solicitar o dereito de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dos datos persoais tratados. Ademais, poderán retirar cada consentimento outorgado en calquera momento, aínda que iso non afectará á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada. Todo iso a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos

Ás persoas interesadas asístelles en todo momento o dereito para presentar unha reclamación fronte a Agencia Española de Protección de Datos - AEPD.


9. Política de cookies

Utilizamos soamente cookies técnicas que permiten ao usuario a navegación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que se ofrecen na Aplicación como, por exemplo, identificar a sesión e identificarche como usuario rexistrado cada vez que accedas á Aplicación, acceder a partes de acceso restrinxido ou utilizar elementos de seguridade durante a navegación.


10. Normativa básica aplicable

  • Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos).
  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
  • Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica (ENS).
  • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.