Permisos de marisqueo a pé 2025

O marisqueo é a actividade extractiva, desenvolvida a pé ou dende embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.

Os plans de xestión de recursos específicos así como os de recursos xerais integados no Plan xeral de explotación marisqueira, aprobados ás entidades asociativas do sector, autorizan no marco destes plans o número de mariscadoras/es que participarán na actividade marisqueira incluíndo tanto os permisos en vigor como os novos permisos que se incorporarán á explotación.

Ao igual que para anos anteriores, semella interesante manter como dato relevante o número de novos permisos previstos para cada ano, de conformidade cos plans de xestión aprobados anualmente, o que dá unha imaxe máis certera da evolución das incorporacións ao sector do marisqueo a pé.

Para chegar a obter os datos finais neste período estableceuse un procedemento de revisión de todos os rexistros recollidos no sistema de xestión de procedementos administrativos da administración autonómica.

O proceso seguido para a identificación e validación dos permisos de explotación correspondentes a cada unha das anualidades consideradas seguiu os seguintes pasos:

Estes resultados que agora se publican recollen todas as situacións efectivas xestionadas ao longo dos derradeiros 5 anos. Á marxe de que existen publicacións, tanto divulgativas como de interese científico que aportan cifras con diferenzas substanciais con respecto ás que agora se dan como finais; desde a Consellería do Mar, e como resultado do traballo metodolóxico e minucioso levado a cabo, damos coma válidas e definitivas as cifras que neste documento se publican.

Ano a ano actualizaranse os datos de evolución dos permisos en vigor, coas visións de detalle que agora se ofrecen.

Este traballo realizouse baixo a coordinación do Servizo de Análise e de Rexistros, coa colaboración do Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros e os departamentos territoriais da Consellería do Mar.