Pesca de Galicia

A Plataforma Tecnolóxica da Pesca é un proxecto da administración pesqueira galega que ten como principal obxectivo o de facilitar ferramentas de xestión e de recollida de información do sector.


Esta plataforma ofrécelles unha serie de servizos aos sectores produtivos e comercializadores, para servirlles, pola súa vez, de apoio para a xestión dos recursos pesqueiros e para a súa trazabilidade, en concordancia coas esixencias legais existentes.

Novas

30/04/2024

Publicación do Anuario de acuicultura mariña 2023

Atópase á disposición unha nova edición da compilación estatística que recolle os datos da actividade acuícola mariña en Galicia no 2023, que permite dispor da información sobre o volume produtivo e económico que este sector move anualmente en Galicia.

Ler nova completa

Atopa máis novas e comunicados visitando a sección de novas

Ir a novas