O Rexistro de buques pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia creouse o ano 1991 para recoller as principais características da frota pesqueira galega.

A lei de pesca de Galicia define a frota pesqueira galega como o conxunto de embarcacións dedicadas a labores de pesca extractiva, embarcacións auxiliares de pesca e de acuicultura e embarcacións que se dediquen ao marisqueo desde embarcación, que teñan o seu porto base en Galicia e que se atopen inscritas no Rexistro de buques pesqueiros de Galicia e no Censo de frota pesqueira operativa.

Estar inscrito no Rexistro é un requisito imprescindible para obter o permiso de explotación para o exercicio da pesca profesional en augas interiores de Galicia. Igualmente as embarcacións auxiliares de acuicultura deberán estar inscritas no Rexistro para poder ser utilizadas polos titulares de establecementos de acuicultura.

Mediante o Rexistro fíxanse os datos mínimos que deben ser recollidos, tanto a nivel estrutural como sobre o esforzo pesqueiro e establécense os acontecementos na vida do buque que deben ser rexistrados. Entre as súas finalidades tamén está a de dar cumprimento ás obrigas da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa recollida, validación e transmisión dos datos aos demais rexistros nacionais e comunitarios.

Ademais o Rexistro sirve de referencia para a aplicación das normas de política pesqueira galega, nacional e comunitaria. Neste apartado da páxina Web posibilítase, mediante acceso aberto, a consulta e explotación dos datos públicos do rexistro. Así mesmo posibilítanse consultas de máis detalle aos usuarios autorizados, mediante un acceso restrinxido.

Caladoiro principal Tipo de pesca Nº de buques Eslora total (suma) Arqueo GT (suma) Potencia (CV) (suma)
BUQUES DEDICADOS A ACUICULTURA/AUXILIARES BUQUES AUXILIARES 1.297 14.946,65 26.373,44 183.086,42
CALADERO COMUNITARIO PALANGRE FONDO 44 1.332,35 11.569,24 24.435,22
CALADERO COMUNITARIO ARRASTRE 20 666,75 6.309,76 14.471,20
CALADERO INTERNACIONAL ARRASTRE 26 1.572,51 34.479,89 50.028,60
CALADERO INTERNACIONAL CERCO 2 150,66 4.058,00 7.552,90
CALADERO INTERNACIONAL PALANGRE SUPERFICIE 74 2.648,47 30.006,97 52.906,48
CALADERO INTERNACIONAL PALANGRE FONDO 1 26,40 178,00 270,00
CALADERO NACIONAL ARRASTRE 48 1.359,62 10.989,67 27.508,11
CALADERO NACIONAL ARTES MENORES 3.712 23.966,38 8.531,50 109.634,02
CALADERO NACIONAL CERCO 144 2.654,07 6.638,57 31.984,69
CALADERO NACIONAL PALANGRE FONDO 18 301,80 912,68 3.046,16
CALADERO NACIONAL PALANGRE SUPERFICIE 49 1.389,94 11.017,12 21.643,40
CALADERO NACIONAL ENMALLE 23 421,08 1.359,10 4.829,10
Totais: 5.458 51.436,68 152.423,94 531.396,30