Plans de xestión
Ano de publicación:

O día 09/12/2019 tivo lugar a publicación do Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas. Unha das principais novidades da norma é o establecemento de plans de xestión de marisqueo de vixencia trianual, nos que xunto á planificación da explotación dos recursos, contémplanse aspectos de carácter medioambiental e socioeconómico ligados ao desenvolvemento do plan.

Coa publicación da Orde de 31 de decembro de 2020, pola que se aproba o Plan Xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023, apróbanse os primeiros plans de marisqueo para recursos xerais que terán vixencia durante tres anos (2021, 2022 e 2023).

As normas de extracción en zonas de libre marisqueo non sometidas a plan e os períodos autorizados para a extracción de crustáceos establecidos no Plan Xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023 terán validez durante os tres anos de vixencia do Plan xeral.

A Orde do 22 de decembro de 2021, pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia para o trienio 2022-2024, aproba os plans de xestión para recursos específicos e algas en Galicia que terán vixencia durante tres anos (2022, 2023 e 2024).

No Decreto 153/2019 do 21 de novembro, regúlase tamén a figura dos plans de xestión de nova incorporación, que as entidades poderán presentar para un período inferior a tres anos para recursos, ámbitos zonais ou útiles, equipos e técnicas de marisqueo regulamentarios, diferentes aos plans de xestión trianuais aprobados para un período, e que se poderán autorizar para determinar a viabilidade da explotación antes da súa aprobación como plan de xestión trianual. Deste xeito xunto ás fichas dos plans triaunuais de marisqueo xeral co inicio en 2021 e ás fichas de plans e recursos específicos con vixencia ata 2024, poderanse incluír fichas de plans de nova incorporación de recursos xerais con inicio de vixencia en 2022 e 2023 e fichas de plans de nova incorporación de recursos específicos con inicio de vixencia en 2023.


Fichas correspondentes aos plans de explotación publicados no D.O.G. no nº 262 do 31 de decembro do 2020 e vixentes ata 31/12/2023.
Plans de explotación en autorizacións marisqueiras
Plans específicos de explotación para as zonas de libre marisqueo
Zonas de libre marisqueo para os anos 2021, 2022 e 2023
» Cotas máximas de captura para zonas de libre marisqueo na Ría de Arousa non sometidas a plan de explotación
» Cotas máximas de captura para libre marisqueo no resto de zonas
Crustáceos (Períodos autorizados para os anos 2021, 2022 e 2023)
Fichas correspondentes aos plans de xestión publicados no D.O.G. no nº 251 do 31 de decembro do 2021 e vixentes ata 31/12/2024.
Percebe (Pollicipes pollicipes)
Solénidos (navalla/ longueirón/ longueirón vello)
Equinodermos
Peneira
» Provincia de A Coruña
» Provincia de Pontevedra
Algas
Anemones
Poliquetos