Nesta páxina poderemos atopar as fichas, que resumen os datos mínimos sobre os plans de explotación aprobados. Os plans de explotación presentados polas entidades que serviron de base para a aprobación do Plan xeral de Explotación Marisqueira anual estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, así como na sede das entidades responsables destes, sen prexuízo do cumprimento da Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.
Asemade, tamén se publican as zonas reservadas para a captura de poliquetos por parte dos pescadores de lecer nos plans de explotación para o ano 2015.